Ofrecemos os nosos servizos dende o ano 2000
Somos un despacho de avogados aberto en Ponteareas (Pontevedra) no mes de Setembro do ano 2000 froito da vocación social do seu titular, Marcos Martins López, na procura dun servizo profesional para persoas, empresas e colectivos que precisan dunha asistencia xurídia específica ou xenérica, xa que abarcamos todas as materias do dereito (civil-penal-laboral e administrativo).
Unha das notas características do despacho é o uso do galego como lingua de comunicación nos asuntos que se levan en Galiza, asi como as reclamacións de colectivos sociais en conflicto coas Administracións Públicas. Somos un dos poucos despachos de avogados do partido xudicial de Ponteareas que leva asuntos da xurisdicción social.
Visita nuestra web bordelho.gal:
Accidentes de circulación.
Cubrimos todo tipo de accidentes e o referinte a este ámbito.
Dereito de familia.
Defínese como o conxunto de normas que regulan a institución da familia, tanto dende a súa perspectiva natural como social.
Dereito penal
É aquela pola do Dereito que se adica ao estudo dos delitos e das penas, así como a participación das persoas na omisión dos delitos, xa sexa como autores, cómplices ou encubridores.
Dereito Civil
Regula todos os aspectos pertencentes as persoas, familias e as relacións patrimoniais.
Laboral
Estuda os dereitos e obrigas dos traballadores tanto por conta propia como por conta allea
Dereito administrativo
É a pola do Dereito que se encarga da regulación da Administración Pública
Para solicitar un servizo, ponte en contacto con nós, a traves das seguintes formas: